Todos nós viaxamos sobre unha nave: o planeta Terra. É sinxelo visualizar as consecuencias do movemento de rotación do noso planeta. Vemos os astros moverse sobre o noso horizonte se simplemente nos paramos a mirar..., pero xa non é tan sinxelo detectar os resultados do noso movemento de translación. Para poder observar ao longo do ano con máis precisión e poder comprender mellor o movemento aparente do Sol e as estrelas, presentamos un modelo que nos permite relacionar e entender mellor o que vemos.
Crédito:
UNAWE